MALETAS VIAXEIRAS

Boas de novo rapaces!!!!!  

Este ano preparei dúas maletas viaxeiras que podedes levar á casa e compartir coa vosa familia. Nelas hai libros moi diferentes: dende cómics e libros de poesía, ata libros de receitas e manualidades pasando por contos en inglés, contos de educación emocional ou contos con música.

Tedes dúas semanas para que  lles botedes unha ollada a todo o material ou para que os vosos pais, nais ou avós vos lean algún dos marabillosos contos que incluímos nestas maletas. Tamén hai uns cadernos viaxeiros nos que podedes escribir, debuxar ou pegar fotos e darvos a vosa opinión sobre esta actividade.

Se queredes levar algunha das maletas só tedes que poñervos en contacto coa mestra Marta e se sodes os máis pequechos do cole, os vosos pais,nais ou avós deben falar con ela.
Comezamos esta nova aventura!!!!!

                                           
  Esperamos que vos gusten a todos!!!! 

Comentarios

Publicacións populares