Tico recomenda...
- Nestas datas cercanas ao Samaín e á celebración do Magosto, Tico recomenda as seguintes lecturas :
Todos este libros podedes atopalos na biblioteca do cole.
Animádevos a recomendar tamén vós as vosas lecturas favoritas na sección " Os nenos/as te recomendan"
Se preferides ler na vosa tablet ou ordenador deixámovos un enlace ao conto " Un Halloween diferente "
- Queridos nenos e nenas: estes días estáse a celebrar o rally Dakar, unha das probas máis fermosas pero ao mesmo tempo máis duras do mundo do motor. Ademais é unha proba que destaca polo compañeirismo dos pilotos e a solidaridade e xenerosidade dos espectadores do rally. É por isto que recomendo o seguinte libro aos amigos do motor. Podedes atopalo no meu recunchiño da biblioteca. Agardo as vosas visitas!!!!!!
- O día 30 de xaneiro celebramos no cole o día da paz e da non violencia escolar. Este día e toda a semana anterior recordamos dun xeito especial todos os valores que vos intentan ensinar e transmitir todos os días @s profes do noso cole: solidariedade, igualdade, tolerancia, diálogo, respecto polas demais persoas e respecto polo cole, compañeirismo, deportividade, gratitude, honestidade, humildade. Aquí vos deixo un enlace dun conto moi relacionado coa nosa árbore da paz. Pincha na miña foto. Espero que vos guste:
- Relacionados co novo libro que nos chegou á biblio do cole, "El gran libro de los dinosaurios", vos recomendo este par de contos para aqueles nenos e nenas que lle guste o tema dos dinosaurios e queiran pasar un ratiño agradable na biblio ou na casa, lendo este par de títulos. Espero que vos gusten.
Comentarios
Publicar un comentario