RECOMENDACIÓNS DO DÍA DO LIBRO

Todos sabedes da importancia de ler un libro xa que nos aporta múltiples beneficios para a nosa saúde. Hai uns días celebramos  o día da saúde e este luns, 23 de abril celébrase o día do libro. É por isto que Tico vos quere informar dalgúns destes beneficios:
  • aumentas o teu vocabulario.
  • entrenas o teu cerebro conseguindo aumentar a túa memoria.
  • se les un libro antes de durmir (non a tablet) descansarás mellor.
  • aumenta a concentración, tan importante para atender na clase e aprender cousas novas cada día.
  • desenvolve a imaxinación e fomenta a creatividade.
  • nos desenvolve tamén social e emocionalmente xa que cando les, coñeces outros mundos e culturas diferentes á túa, o que nos axuda a ter empatía e tolerancia polos demais.

Sei que á maioría dos nenos entretéñense moito lendo os libros de aventuras así que aquí vos deixo unha pequena mostra duns cantos que chegaron de novo á nosa biblioteca.




Recomendo especialemte que leades FORMIG4S, MISIÓN BARCELONA, xa que está ambientado na capital catalá o 23 de abril, día do libro e do seu patrón Sant Jordi. O misterio comeza en La Pedrera, un precioso edificio modernista co doutor Paumaro poñendo en marcha un plan para conseguir que ninguén volva ler un libro nunca máis.



De todos os xeitos quero tamén recordarvos que tedes libros de todo tipo: de ciencias, clásicos, cómics, de fantasía e tamén libros para coidar a nosa natureza tal e como recordamos o pasado xoves.


Espero as vosas visitas durante toda esta semana.

Saudiños


Comentarios

Publicacións populares