VOLVEN AS LECTURAS DE OUTONO

Debido ao éxito desta experiencia o curso pasado, este outono repetimos as lecturas con Tico no parque das Pontes. Ademais de observar de primeira man os cambios típicos desta estación, os nenos e nenas do noso cole practican a lectura en voz alta nun espazo aberto.

Un dos días os/as alumnos/as de 5º e 6º de primaria léronlles, aos peques de infantil; poesías, adiviñas e cancións relacionadas co outono. Tamén os/as alumnos/as de 6º de infantil recitaron unha fermosa poesía.










Para rematar a saída, os peques de infantil estiveron xogando e recollendo follas do outono para realizar máis actividades nas súas aulas.



Outro día, da mesma semana, tocoulle o turno a 1º e 2º de primaria que demostraron os seus avances na lectura.
Para finalizar  descubriron no parque cales eran as árbores de folla caduca e perenne e recolleron as súas follas marróns e amarelas.






Comentarios

Publicacións populares